Blog

PEGADAS HISTÓRICAS NO CASTELO DE SANTA CRUZ

(Toda a información sobre os Lagares na pestana “Lagares Rupestres de Galicia” de www.servino.net)

Inagurouse no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) a mostra “Lagares  rupestres. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia”, un percorrido polas orixes da elaboración de viño na nosa terra.

A Coruña, 03 de marzo do 2012. O autor do estudo, D. Luis Paadín, o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, D. Luis Anxo Rodríguez, o director do CEIDA, D. Carlos Vales, e o alcalde do Concello de Oleiros, D. Ángel García Seoane, inauguraron esta mañá a mostra Lagares rupestres. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia que permanecerá exposta no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) ata o vindeiro 30 de marzo.

O acto daba comenzo ás 12.00 h coa celebración dun seminario a cargo do autor, no que amosou a relevancia histórica destas estruturas, a súa importancia no legado vitivinícola galego e desvelou as diferentes localizacións e morfoloxías da vintena de lagares que ata agora ten localizados. Posteriormente dábase paso a cerimonia inaugural procedendo á apertura da mostra acompañada do servizo do viño histórico de Galicia, o viño do Ribeiro.

Máis dun centenar de persoas acudiron ao acto inaugural no que entre numerosos agradecementos a todos os colaboradores, procedeuse ao anuncio das actividades que ao longo do mes desenvolveranse no marco da mostra. Entre elas cómpre destacar as dirixidas ás escolas de hostalería de A Coruña, as veladas de “Son Viño” a mans do cuarteto de música  “Thiasos”, o sábado 17 e o xoves 28 de marzo

Nun contexto dirixido aos profesionais do mundo do viño e da restauración, o mércores 21 celebrarase o salón “Os Grandes do Ribeiro”, unhas selección de 25 marcas da D.O. Ribeiro a cargo da asociación de sumilleres de Galicia Gallaecia, no que tamén convocarase á prensa xeralista e especializada.

A exposición Lagares Rupestres. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia, amosa as orixes da elaboración de viño en Galicia nun percorrido por unha veintena de lagares localizados ao longo da xeografía galega. O visitante poderá coñecer como son estas  estruturas históricas, o seu funcionamento, así como a morfoloxía, usos e localización dos, ata agora, atopados.

Completa a mostra unha escolma de publicacións, documentos e arquivos do fondo bibliográfico do Museo Etnolóxico de Ribadavia, que proporcionan unha visión do universo vitivinícola na comarca do Ribeiro, a máis emblemática culturalmente de Galicia.

[nggallery id=25]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*