LUIS PAADÍN, PREGOEIRO DA XXXI MOSTRA DE VIÑOS DA RIBEIRA SACRA DE PANTÓN
Luís Paadín PREGOEEEEEEIROO da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón. Hai máis de quince anos cando me pediron que definise a Ribeira Sacra, acuñeina como: “Unha Paisaxe nunha botella”, hoxe é unha definición amplamente difundida entre o público.
Máis aló do agradecemento, as soflamas e os chascarrillos, fixen fincapé en que veñen tempos difíciles para o viño, moi difíciles para zonas produtoras maioritariamente de tinto; que non podemos seguir pelexándonos entre nós por vender unha botella, que só hai un camiño, o da calidade e que hai que esforzarse en conseguir que os mozos e outros colectivos que lle dan as costas ao viño se achéguen a el.
Antes de que as silveiras se coman as viñas de novo.
“Galicia desperta do teu sono”


