XORNADA SOBRE VIÑOS DE GALICIA COA IRMANDADE DOS VINHO GALEGOS
Mentres “Paadín Team1” con Alejandro Paadín e Javier Facal en ProWein (Düsseldorf-Alemaña) da man da AGACAL daban a coñecer os viños de Galicia no seu conxunto e polo miudo, o “Paadín Team2” con Luis Paadín e Víctor Paadín facían o propio desde o corazón vínico de Galicia; Xornada chea de emotividade no casco histórico de Ribadavia, un reencontro con “vellos amigos” cos que compartimos amor polos viños de Galicia. É unha honra que todos os “Irmandiños” teñan nosa Guía e permitírannos contar como entendemos nós os viños de Galicia sen preponderancia e á marxe de modas. Unha excelente xornada báquica con máis de 60 confrades da Irmandade dos Vinhos Galegos, a que defende o froito de todas as DOs e IXPs de Galicia, acompañados tamén pola directiva da Confraria do Vinho Verde. Comezamos no Museo Etnolóxico de Ribadavia cun percorrido polas 5DOs de Galicia, posterior aperitivo con viño galego (con contraetiqueta) na Praza da Madalena e xantar enxebre na igrexa de San Xes do Barrio Xudeu.
De esquerda a dereita Nemesio Barxa, Preboste dos Irmandiños, Mª do Pilar Núñez, Directora dos Museos Etnolóxico de Ribadavia e o do Viño de Galicia, Luis Paadín e Ángel Pascual, secretario xeral da “Irmandade dos Vinhos de Galicia”.