Blog

O pasado sábado, auspiciado polo Foro Enrique Peinador, constituíuse a “Irmandade Galega de Adegueiros”

O pasado sábado, auspiciado polo Foro Enrique Peinador, constituíuse a “Irmandade Galega de Adegueiros” no Museo Galego do Viño, en Santo Andrés de Ribadavia,
IRGADE nace con 34 adegas e 8 empresas de distribución adheridas. Aí están dende as de maiores volumes como Martín Codax ou Terras Gauda, ata as dos pequenos colleiteiros, como a de Luis Ánxo Rodríguez de Viña de Martín (ata o pasado venres presidente da D.O. Ribeiro).

Os seus obxectivos son os seguintes:

  1. Impulsar o proceso de galeguización dos produtos agroalimentarios.
  2. Artellar unha estrutura capaz de establecer alianzas para unha mellor comercialización.
  3. Procurar nas organizacións sociais que articulan e vertebran a sociedade galega (partidos, sindicatos e movemento sociocultural) que promovan entre os seus afiliados o consumo responsable, que consiste que modificar os seus hábito preferindo produtos etiquetados en galego e establecementos que se identifiquen coa cultura e lingua do País.
  4. Conseguir o apoio das institucións públicas (universidades, Xunta de Galicia, deputacións e concellos) para facer posible o que establece o Estatuto de Autonomía de Galicia e Lei de Normalización Lingüística: “fomentar e potenciar o uso da lingua galega en todas as ordes da vida social e cultural de Galicia”.

O acto, vestido de gran solemnidade e arroupados entre outros polo Fiscal Xefe de Galicia, o Secretario Xeral de Política Lingüística, representante da Real Academia Galega e o presidente do Foro Enrique Peinador, D. Xosé González. Tamén acolleu o nomeamento “Irmandiños de Honra”: Antón Reixa presidente da SGAE, a Federación Galega de Turismo Rural, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, ao importador chinés Jiang Feng, Toni, como me pediu que lle chamase, que é o grande impulsor dos viños españois en China, o cal me comentou que a pesar de que se “pirran” polos tintos, el ten claro que en breve se prostrarán ante os brancos de Galicia, a Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia representada pola súa presidenta Mercedes González e da que me honro deser o actual vicepresidente e a Asociación Galega de Catadores, da que son o orgulloso presidente; que máis se pode pedir.

A parte do contido, eu téñoo ben claro, para min nunha botella de viño é un plus unha boa cápsula de estaño e un bo tapón de cortiza. E por suposto, tamén é un valor engadido unha etiquetaxe en galego. Non sei para ti, de que te fías máis, dun Montrachet etiquetado en francés, ou etiquetado en inglés ou en español?…….. Pois iso.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*