Blog

36 Actividades Gratuitas dentro do Aula Gastronómica da CARPA “DeGústame”

Dentro das actividades do “Abril gastronómico” organizadas por Turismo de A Coruña, atópase a  gran carpa DeGústame, con diversas actividades relacionadas coa gastronomía e dende Paadín Consulting xestionaremos as inscripcions para as diferentes actividades do “Aula Gastronómica”.

Ubicada nos Xardíns de Méndez Núñez, xunto á “Gran Carpa: DeGústame”, ofrece diariamente a posibilidade de participar en catas, maridaxes e demostracións culinarias DE FORMA GRATUITA. Non podes perder a oportunidade de inscribirte en algunha das súas actividades. Para cada actividade contamos con 45 prazas e cubriranse por orde de chegada da solicitude ÚNICAMENTE A TRAVÉS DOS FORMULARIOS que podedes atopar na web www.servino.net.

Se desexas participar nalgunha das actividades da “Aula Gastronómica” pode facer unha preinscripción nos FORMULARIOS QUE ESTÁN A VOSA DISPOSICION NA WEB DE SERVINO e unha vez rematemos o período de preinscripción contactaremos con tódolos interesados para confirmar a posibilidade de asistir ás actividades seleccionadas.

É IMPRESCINDIBLE poñer un teléfono e e-mail válidos pois será o medio que empregaremos para contactar con vós e confirmar a asistencia.

PROGRAMA

Venres 15 de abril
11.00h a 11.45h presentación dos viños da DO Ribeira Sacra
12.00h a 13.00h cociña con algas PortoMuiños. Cociñeiro Chechu Rey
19.00h a 19.45h a cociña de Eduardo Pardo rest. Domus
20.00h a 21.00h harmonías do rest. Casa Pardo a cociña de Ana Gago e os viños do sumiller Eduardo Pardo

Sábado 16 de abril
11.00h a 11.45h Presentación dos viños da DO Ribeiro
12.00h a 13,00h presentación e degustación de Porco Celta por Carnicería Antelo
19.00h a 19.45h cociña con Pablo Gallego de rest. Pablo Gallego
20.00h a 21.00h cociña con cociñeira Dorinda Liñares do rest. Coral

Domingo 17 de abril
11.00h a 13.00h. Presentación dos viños da DO Valdeorras e harmonías con embutido de caza da Serra do Bolo
19.00h a 19.45h cociña con Carlos Gaioso de Taberna Gaioso
20.00h a 21.00h harmonías cociñeiro do rest. Pil-Pil co cociñeiro e sumiller Luís Moya

Luns 18 de abril

11.00h a 11.45h Presentación dos viños da DO Rías Baixas
12.00h a 13,00h Técnicas de cocción do marisco co cociñeiro David Mariño do rest. O Reyno
19.00h a 19.45h larpeiradas – Pastelería Edita
20.00h a 21.00h cociña co cociñeiro Marcos Iglesias do rest. Casa Ponte

Martes 19 de abril
11.00h a 11.45h Presentación dos viños da DO Monterrei con Queixo do Cebreiro e San Simón
12.00h a 13,00h cociña con Ourizos de PortoMuiños con cociñeiro Chechu Rey do rst. Agar Agar
19.00h a 19.45h a cociña de o cociñeiro Luís Veira e os viños do sumiller Santiago Diéguez Rest. Alborada
20.00h a 21.00h cociña co cociñeiro Juan Mato do rest. Artabria

Mércores 20 de abril
11.00h a 13.00h harmonía Augardentes e licores tradicionaís de Galcia con Marrón Glacé e Meles de Galicia
19.00h a 19.45h cociña da Vinatería La Estacia
20.00h a 21.00h cociña co cociñeiro Luís Penín do rest. Adega O Bebedeiro

Xoves 21 de abril
11.00h a 11.45h cociña con Percebes da Torre de Hércules
12.00h a 13h cociña co cociñeiro Gorka Rodríguez da Pulpeira de Melide-Gastro
19.00h a 19.45h cociña da Taberna L´Argüei
20.00h a 21.00h harmonía un Cóctel unha Melodía coctelero Manuel Arias Coctelería el Pirata

Venres 22 de abril
11.00h a 13h Presentación dos Queixos de Arzúa-Ulloa
19.00h a 19.45h Cata de Viño Escumoso Galego polo sumiller Luís Paadín de Paadín Consulting
20.00h a 21.00h harmonía un Cóctel unha Melodía coctelero José Iglesias Coctelería Medely´s

Sábado 23 de abril

11.00h a 13h Cata degustación Os Mellores Cafés do Mundo por Augusto Morales Cafés Veracruz
19.00h a 19.45h obradoiro e degustación de pans panadería Carral
20.00h a 21.00h harmonía un Cóctel unha Melodía por el coctelero Francisco Hermida de coctelería Cook Bar

Domingo 24 de abril
11.00h a 11.45h Tertulia Gastronómica
12.00h a 13.00h cociña co cociñeiro Javier Leal e os viños da sumiller Laura Gaioso do rest. Gaioso
19.00h a 19.45h harmonías do rest. O Secreto a cociña de Pepe Vázquez e os viños do sumiller Xurxo Rivas
20.00h a 21.00h Noite Meiga con Queimada de Augardente de Galicia por Miguel Queiro e danza e pandereta con Gonzalo Viñas do Cafe O Cachivache

*O feito de cubrir o formulario non implica que a asistencia e a praza estean confirmadas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*