Blog

Exposición Lagares Rupestres. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia

Convidámoslle a que visite a exposición Lagares rupestres. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia que permanecerá exposta no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) do 3 ao 28 de marzo.
A exposición amosa o estudo realizado por Luis Paadín na localización dunha veintena de lagares repartidos na xeografía galega, nun intento de divulgación da súa existencia, intimamente ligada ás orixes da vitivinicultura.
A mostra constitúe un achegamento a estas “estructuras históricas” para coñecer como eran, o seu funcionamento, así como a morfoloxía e uso dos ata agora localizados en Galicia.
Colabora nesta iniciativa o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro que desenvolverá diversas actividades no incomparable marco do Castelo de Santa Cruz.
Lugar
Castelo de Santa Cruz s/n
15179, Liáns. Oleiros (A Coruña)
Horario de visita
De luns a venres de 10.00-14.00 h. e de 16.00-19.00 h.
Sábados de 11.00-14.00 h.
Domingo pechado

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*