Blog

Rematadas as admisións nos cursos de iniciación á cata

Xa están ceradas as listas coas persoas admitidas en cada un dos diferentes cursos de iniciación á cata da Semana dos Viños de galicia con D.O.

Como sabedes a demanda superou con moito á oferta por iso non foi posible atender todas as solicitudes.

Fixemos un esforzo e incrementamos nun 50% as prazas para cada curso para intentar que asistirades o maior número de interesados, pero ainda así quedaron moitos en espera. Por iso, se algún de vos non pode asistir a algún dos cursos nos que ten praza, por favor poñedevos en contacto con nós para poderlle dar esa praza a outra persoa.

Todos os inscritos a través de Facebook o día 09/11/2010 estades admitidos.

Os que se inscribiron a través da web recibirán correo de confirmación.

Os que non recibichedes notificación, por favor consultádenos

Diariamente iremos actualizando os listados, así que estade atentos por si houbese variacións.

Sentímolo por todos os que se quedaron fora das listas,

Seguiremos organizando actividades das que teredes cumprida información.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*